
O grupo vigués de teatro afeccionado AVELAÍÑA presenta MARÍA CASTAÑA ,de Manuel Ayán, baixo a dirección de Antón Lamapereira. A historia basease na Alta Idade Media cando a cidade de Lugo está na decadencia. O bispo proponse recuperala mediante a construción da catedral, conforme ao espírito anovador da época. A presión fiscal e a situación de crise económica, política e ideolóxica son factores que propician a rebeldía de María Castaña, vasala do bispo e matriarca da tribo dos guímaros. Nesta proposta de Avelaíña Teatro preséntase unha hipótese verosímil do desencontro de María Castaña co bispo don Pedro López de Aguiar. A representación terá lugar o sábado 31 de maio no Teatro de Ribadeo a partir das 21.30 horas por un prezo de 2 euros.