Blanco realizou na mañá deste venres unha visita na Cooperativa Os Irmandiños, situada na mariña de Lugo. Alí dixo que é preciso mudar “o modelo social do PP de salarios recortados, emprego precario e impostos inxustos, despidos baratos e de emigración”.
O candidato socialista reclamou un cambio de modelo que aposte “pola excelencia, pola calidade, pola innovación, os salarios dignos e pola igualdade de oportunidades”. Por iso aludiu ao modelo da Cooperativa Os Irmandiños “xa que é un exemplo de como se pode saír adiante en momentos de dificultade”.
Blanco pediu un cambio de rumbo en Europa “para apostar por un novo modelo, unha alternativa baseada nas persoas, e non nos intereses dos mercados”.
Intensa xornada na Mariña luguesa
O candidato socialista mantén hoxe unha intensa xornada de traballo na Mariña de Lugo. Pola mañá visitou a Cooperativa, despois visita Viveiro, mais tarde a lonxa de Celeiro, e pecha o dia cun mitin en Burela.