
En dependencias municipais do Concello de Burela atópase unha camada de canciños dispostos a seren adoptados por aquelas persoas que desexen levar para a súa casa algunha destas mascotas. Segundo informa a Concellería de Medio Ambiente “trátase dun macho e cinco femias, son mestizos: posible cruce de pastor alemán, e teñen de 2 a 3 meses de idade”. Os interesados poden dirixirse á Concellería de Medio Ambiente de Burela chamando ao 982 58 08 67.