Site icon Crónica3.com A Mariña

Catro bares de Cervo participan na VIII Exaltación da Carne de Porco que tamén inclúe degustación na praza do Souto

Cervo, 7 de maio de 2014- Cervo celebrará este sábado a VIII Exaltación da Carne de Porco que organiza a asociación cultural Airiños do Xunco e na que colabora o Concello. Unha festa na que participan catro bares do municipio, que prepararán este produto en diferentes especialidades.

En concreto, O Caseto de Copa servirá lacón asado e orella; O Almacén preparará matrimonio de conveniencia e manitas imperiais; o Bar O Zoco ofrecerá pinchos morunos e raxo con setas mentres o Bar Figuerido cociñará fígado encebolado e morro ao caldeiro, ademais doutras especialidades. Unhas tapas que se comezarán a servir a partir das 12 horas neses locais, con ambientación musical do grupo de gaitas Airiños do Xunco durante todo o día.

Ademais pola tarde, a partir das 20 horas, haberá unha exaltación popular da costela de porco na praza do Souto na que se ofrecerán racións que inclúen costela, chourizo, pan, viño e cazola por un prezo de 7 euros.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Turismo, Begoña Alonso, o presidente de Airiños do Xunco, Rafa Blas, e o tesoureiro da entidade, Carlos Sanz, deron a coñecer hoxe o programa e o cartel desta festa gastronómica que se vai renovando cada ano xa que os locais de hostalería preparan novas especialidades de porco en cada edición.

A edil de Turismo destaca que o Concello apoia esta festa “como una iniciativa que beneficia a la economía local, que le da actividad al municipio y que es una muestra de que Cervo es una sociedad dinámica y con ganas de hacer cosas”. Alonso convida ao mesmo tempo a todas as persoas ás que lles guste este produto a acudir a Cervo este sábado “a probar la carne de cerdo preparada por nuestros hosteleros y, al mismo tiempo, aprovechar para visitar el municipio”.

Exit mobile version