Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla de ex-parlamentarios no IES Perdouro

ex-deputadosEx-deputados do Parlamento de Galicia visitaron o IES Perdouro de Burela co propósito de achegar ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato o funcionamento da principal institución política de Galicia. A charla-coloquio que organiza o Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios/as tivo lugar no IES PERDOURO de Burela o xoves 29 de maio nun acto no que participaron representantes das tres forzas políticas maioritarias en Galicia, os ex-deputados Sergio López García (PPdeG), Emilio López Pérez (BNG) e Ismael Rego González (PSdeG-PSOE). Logo dunha breve presentación, os ex-parlamentarios mantiveron cos alumnos do IES Perdouro un coloquio moderado por Bríxida Pino, profesora de Historia, co fin de dar a coñecer as funcións da cámara autonómica, a súa composición e órganos.

Exit mobile version