Site icon Crónica3.com A Mariña

Churrasco para levar no Mercado do Souto

O vindeiro domingo 11 de maio Karrikanta e Airiños do Xunco volven impulsar outra edición do mercado de proximidade na Praza do Souto de Cervo. Como ven sendo habitual os segundos e cuartos domingos do mes o Mercado do Souto celébrase entre as 10.00 e as 14.00 horas; pero este domingo contarán cunha novidade: ademais da actuación das cantareiras de Airiños do Xunco tamén haberá churrasco para levar a 7 euros a ración.

Exit mobile version