Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausura do Taller de Deseño e Elaboración de Tallas Artesanais

Este xoves 29 de maio finaliza o Taller de Deseño e Elaboración de Tallas Artesanais que a Asociación A Mariña levou a cabo nos últimos meses. A actividade levouna a cabo o responsable do taller de carpintería da Asocaición, Manuel Boullosa, e tivo un eminente carácter prelaboral. Os obxectivos aos que respondeu esta actividade foron a mellora da empregabilidade das persoas con enfermidade mental, mediante a ampliación da formación e a mellora de hábitos prelaborais. Ademais da consecución destes obxectivos, a posta en marcha desta actividade tivo unha clara influencia no benestar e autoestima dos usuarios, mellorando substancialmente a súa calidade de vida. Para proceder ó peche da actividade , recibirán a visita no Centro de Rehabilitación Psicosocial e Emprego (CRPL) de Burela da Directora da sector de “La Caixa”, Covadonga Ángeles Sánchez, que visitará as súas instalación e poderá coñecer ós usuarios que se beneficiaron deste taller, así coma a todo o persoal responsable de levalo a cabo.

Exit mobile version