Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausurado o taller de ‘Deseño e elaboración de tallas artesanais’ no Centro de Rehabilitación de Burela

DSCF3494A Asociación “A Mariña” deu por finalizado este xoves 29 de maio o taller de Deseño e Elaboración de Tallas Artesanais que se levou a cabo durante os últimos meses e foi subvencionado pola “Fundación La Caixa”. A actividade desenvolveuna o responsable do taller de carpintería da Asociación, Manuel Boullosa, e tivo un eminente carácter prelaboral.

Os obxectivos aos que respondeu esta actividade foron a mellora da empregabilidade das personas con enfermidade mental, mediante a ampliación da formación e a mellora de hábitos prelaborais. Ademais da consecución destes obxectivos, a realización desta actividade tivo unha clara influencia sobre o benestar e a autoestima dos usuarios, mellorando polo tanto sustancialmente, a súa calidade de vida.

Para proceder á clausura da actividade, recibiron a visita no Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral (CRPL) de Burela da Directora da sucursal de “La Caixa”, Covadonga Ángeles Sánchez. Alí puido coñecer ós usuarios que se beneficiaron deste taller e ó persoal encargado de levalo a cabo; así coma todas das demais actividades que desenvolven no centro.

Exit mobile version