Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza este venres o segundo Festival de Voces Xóvenes A Capela na Sala Bahía de Foz

Foz, 8 de maio de 2014. A segunda edición do Festival de Voces Xóvenes A Capela, organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz, empeza mañá, venres, ás 20:30 horas na sala Bahía coa actuación do Coro do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro. Esta formación creouse no ano 1998, consta de 45 voces e está dirixida por Antonio Álvarez Neira.

A segunda cita do festival será o venres 23 de maio ás 20: 30 horas, tamén na sala Bahía, e correrá a cargo do Coro da Escola Municipal de Música de Foz, creado no ano 2012 e que dirixe Felipe Sánchez.

E rematará o 29 de maio, xoves, ás oito e media da tarde cunha actuación da Aula Coral do IES de Foz, creada en 2011. Conta con 50 voces e está dirixida por Fernando Allen Fraga.

Dende a organización explican que o festival pretende dar a coñecer o labor daqueles mozos “que utilizan a música en xeral, e a voz en particular, e aos seus profesores, que de maneira entusiasta son quen de transmitirlles a través da música uns coñecementos, ao mesmo tempo que procuran unha busca da excelencia, da constancia e o fortalecemento de valores fundamentais para a mocidade. Por elo cremos que a mellor maneira de agradecer este grande esforzo é amosarlle ao pobo de Foz o sobresaínte traballo realizado”.

Exit mobile version