Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan as actividades dos VIII foros permanentes para as mulleres en Ribadeo

O Concello de Ribadeo e o CIM poñen en marcha os VIII foros permanentes para as mulleres. “Oito anos que levamos nesta andaina dos foros, oito edicións dedicadas a promover unha saúde integral das mulleres e fomentar un tempo libre, un espazo de ocio para elas”. Continúan cos Domingos a pé e co viaxe ó Spa de Vilalba; pero tamén hai algo novo: a posta en marcha dun grupo de axuda mutua e apoio psicolóxico para as mulleres. As actividades comezan este mércores 14 de maio cun obradoiro de Risoterapia que terá lugar na Casa da Xuventude. Hai que anotarse para participar en calquera das actividades e pódese facer chamando ó 982 120 739 ou escribindo a este correo: cim@ribadeo.org.

Exit mobile version