Site icon Crónica3.com A Mariña

Comida fin de temporada da Peña Barcelonista San Miguel o vindeiro 1 de xuño

A Peña Barcelonista San Miguel, como é tradición, reúnese a final de temporada para celebrar unha comida de despedida.

Habitualmente celebran unha cea, pero nesta ocasión decantáronse por unha comida, que terá lugar o domingo día 1 de xuño no Restaurante Amadora de Santiago de Reinante a partir das 14.15 h.

O menú será o seguinte:
Entrantes fríos e quentes, zarzuela de pescado, postre, café, chupito e viños da bodega de Andrés Iniesta.
O prezo para socios e acompañantes é de 10 € para adultos e 5 € para nenos, mentres que os non socios deberán abonar 20 € e 10 € respectivamente.

O prazo para apuntarse remata este domingo día 25 de xuño, e para eso poderán contactar co tfno. 625 821 044.
Comentar que a peña tamén está preparando unha viaxe para asistir á Xuntanza de peñas barcelonistas galegas, que se celebrará o vindeiro 7 e 8 de xuño en Moaña (Pontevedra).

Igualmente e como tamén é tradición, a peña editará unha camiseta de edición limitada en homenxe “ó noso capitán”, Carles Puyol. O prezo da mesma será de 10 €.

Os interesados en contactar para calquera destas actividades poderanse dirixir ó tfno. 625 821 044 antes do 25 de maio.

Exit mobile version