O concerto da banda de música municipal de Ribadeo para celebrar o Día das Letras Galegas será este domingo, 18 de maio, ás oito e media da tarde no Cine Teatro. A banda ribadense, dirixida por David Ballester Martínez, interpretará por primeira vez nesta actuación O Cantar das Mareas, de Iván Rodríguez Armán, e tamén tocará pezas como Balada Galega, de Juan Montes; Música Mestres, de Juan Lois Díeguez; Lugo-Ferrol, de Gregorio Baudot; ou Rapsodia Galega Número 1, de Enrique García Rey, entre outras.