Site icon Crónica3.com A Mariña

Doce tendas de Ribadeo acollen ata finais de maio unha exposición fotográfica do Observatorio da Mariña pola Igualdade

Ribadeo, 12 de maio de 2014. Doce tiendas, asociadas a ACISA, acollerán ata finais do presente mes de maio unha exposición fotográfica de doce muleres que participaron nun curso organizado pool Observatorio Mariña pola Igualdade fai unhas semanas.

En horario comercial aquelas persoas que o desexen poderán achegarse dende este martes 13 de maio a Joyería Modesto G, Joyería Carreira, Pequerrechos, Peluquería Imagn 365, Óptica Miró, Deportes Docobo, Farfala, Petite Toe, Mika Moda y Complementos, Bodegas Ribeirao, Peluquería Slalom’s e Óptica Duovisión. Nestos establecementos poderán ver dúa obras de cada autora.

A actividade enmárcase dentro da programación cultural do concurso gastronómico Ribadeo de tapeo, que se celebra estes días na localidade e nas parroquias, ó igual que “Merca na rúa”.

ACISA convertiu Ribadeo nunha pasarela de moda o pasado sábado e volverá a facelo o 17 de maio. Durante esa xornada os comercios sacarán as súas propostas á rúa, con promocións e descontos. “Merca e que aproveite…!!!” é o eslogan desta nova campaña. ACISA destaca a gran acollida que tivo esta iniciativa o pasado sábado nas rúas ribadenses, “quisimos darle más vida a Ribadeo y creo que lo conseguimos. Fueron muchas las personas que aprovecharon para acercarse hasta aquí, hicieron sus compras, tomaron vinos y tapas…”.

Exit mobile version