Site icon Crónica3.com A Mariña

“Domus in qua spiritus habitat”: Exposición de Otero Regal en Madrid

1Madrid, 22 de maio de 2014.- O artista mariñán Otero Regal presenta en Madrid a súa exposición “Domus in qua spiritus habitat” (A casa na que habitan os espíritos), nun acto que terá lugar este xoves 22 de Maio, ás 8 da tarde na galería Feeding Art,. A obra permanecerá exposta ata o 5 de Xuño de 2014.

A exposición está composta por unha serie de esculturas e cadros cerámicos elaborados en gres refractario que representan espazos arquitectónicos extraídos da memoria; lugares e tempos alleos a estes. Todas viran contorna á casa como elemento espacial no que se xera a vida.

A casa provoca imaxes de carácter abstracto no recordo e que xogan no plano da emoción; a obra traduce estas emocións da memoria á linguaxe propia e xera imaxes, levemente veladas, que evocan o lugar ou os momentos determinados dunha ensoñación espacial. Como nun espello, recordos e escultura reflíctense; ambas imaxes pertencen a unha certa homoloxía.

“As claves para comprender a escultura atópanse no interior de quen a contempla. Cita Gastón Bachelard un poema no que se evoca a casa na que se viviu noutra época e que é recipiente de recordos vagos, dun pasado no que houbo intensidade no sentir; din así os dous últimos versos: ?…unha estraña casa que se garda na miña voz. / e que o vento habita? . Esta idea do paso do tempo, a memoria e a contemplación dunha paisaxe arquitectónico (a vida) no pasado, serviume para desenvolver as ideas que xeran a obra que presento nesta exposición”, afirma Otero Regal.

Exit mobile version