Esta pasada fin de semana o Grupo Humorístico Trípode realizou dúas actuacións. O sábado 10 foi no Restaurante “A Naranja”, de Carballido, en Alfoz, onde participaron na cea baile na que actou tamén o Grupo Musical “Pecados”, de Lugo, xuntándose máis de 100 comensais. Ó seguinte día, o domingo 11, viaxaron ata a parroquia cervense de Rúa, onde actuaron no local social da Asociación de Veciños. Neste caso o aforo foi de varias decenas de persoas. A vindeira actuación de Trípode será o vindeiro domingo 8 de xuño na parroquia de Celeiro de Mariñaos, en Barreiros.