Site icon Crónica3.com A Mariña

O venres 23, resultado do Concurso de Banda Deseñada

IMG_3315Continúan as actividades relacionadas coa Banda Deseñada organizadas polo IES Perdouro de Burela. Os membros do xurado estiveron reunidos esta semana para valorar as obras participantes no concurso de creación dos Encontros de Banda Deseñada que xa van pola súa sexta edición na Mariña. Farase público o fallo do xurado o vindeiro venres 23 de maio en tres categorías: categoría de ata 14 anos, de 15 a 18 anos e a categoría libre.

Exit mobile version