Site icon Crónica3.com A Mariña

Excursión a Piedras Blancas co Club Ciclista Barreiros

O Concello e o Club Ciclista Barreiros organizan unha excursión a Piedras Blancas (Asturias) con motivo do irmandamento co Grupo Cicloturista Castrillón. A viaxe, que é gratuíta, será o 31 de maio con saída ás 8:30 horas da praza do Concello. Os asistentes abonarán 15 euros para a comida. As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata cubrir prazas na Concellería de Cultura, no Club Ciclista Barreiros e no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Exit mobile version