Site icon Crónica3.com A Mariña

Fallado o concurso de fotografía medioambiental de Xove

O concurso de fotografía medioambiental, convocado hai uns meses pola Concellería de Cultura do Concello de Xove, estaba dedicado a “Xove, a súa costa e o seu mar”. Tal como recollen as Bases e a Convocatoria, o Concurso tiña como principal obxectivo “potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente”.

En total presentáronse 19 participantes, “unha cifra moi estimable se temos en conta que se trataba dunha primeira edición”. Así despois da reunión do xurado, formado polo pintor de Xove Xoan Guerreiro, o fotógrafo e reporteiro de La Voz de Galicia Xaime Fernández Ramallal, actuando como secretario o técnico de cultura do Concello, Mario Eijo, concedéronse os seguintes premios:

Categoría xuvenil
– Primeiro premio de 100 €uros: MARÍA BAKTEEVA, coa obra “NORAY”
– Segundo premio de 50 €uros: CLAUDIA VÁZQUEZ SÁNCHEZ coa obra “O QUE A NOSA NATUREZ VE”.

Categoría adultos
– Primeiro premio de 100 €uros: JAVIER VILLARES LAMAS, coa obra “FUENTE DE…”.
– Segundo premio de 50 €uros: JUAN ANTONIO FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, coa obra “CIRCUMPOLAR EN RONCADOIRO”.

Dende o Concello agradecen a tódolos concursantes a súa participación e, así mesmo, dánlle a noraboa ós gañadores.

Exit mobile version