Pero non era iste o noso propósito, senon o de lembrar que o vindeiro mes cúmprense 85 anos da Confraría de Pescadores de Foz……e se o destino o permite haberá tempo de falar de todo.
Naqueles tempos era tal a identificación da sociedade focega co mundo do mar, que os principais promotores da Confraría, (“para a organización da venta do peixe, servizo asistencial ós mariñeiros e o traballo unido de todos”), eran homes profesional e laboralmente alleos ó sector, e a 1ª Xunta de Goberno quedou constituída así: Presidente, don Ricardo Rivera, Administrador de Aduanas; Vice, don José Fiallega, Cura de San Martiño; Secretario, don Antonio. Goi Díaz, Xefe de Telégrafos; Vice, don Ramón Salgado, histórico mestre de Fondós; tesoreiro, don Balbino López Rodriguez, Consignatario: Contador, don Ramón Méndez, propietario; e vocais, os armadores don Manuel Fraga Penabad; don Jesús Castiñeira; don José.M. Beltrán Lamas e don Manuel Fraga Fernández.
O ano 1979, as Vodas de Ouro da institución, foron homenaxeados os mais de 40 socios fundadores vivos. Durante o medio século, foran presidentes: don Ramón Méndez Val; don José Marful; don Agustín Freire; don Jesús Castiñeira, o vello Castiñeira; don Máximo Couso; don José M. Beltrán Lamas; don Ramón. Villares; Balboa; Tragamares; e Jesús Castiñeira, Suso da Ramallada.
Trancurridos 35 anos do cincuentenario só sobrevive un socio fundador, cheo de vida e saúde, tras cumprir 103 anos de idade: o incombustible Francisco Lestegás, Pancho do Relámpago, da ancestral estirpe de labregos e mariñeiros de Marzán, lugar do que Manual María, para expresar tal peculiaridade, dixera: “… onde as redes mariñeiras a enxugar están / no medio das medas e os medeiros do pan”. Pancho, acaso o focego da historia que acadou maior lonxevidade,único único obrevivente da Confraría, e todo un icono.da longa historia mariñeira do noso pobo, e como tal merecente de tal recoñecemente. Parabéns.
Suso Fernández