Site icon Crónica3.com A Mariña

Gaia imparte charlas sobre incendios forestais

gaiaAs monitoras da aula de educación medioambiental Gaia, do Concello de Burela, están a impartir unhas charlas no CEIP Virxe do Carme sobre incendios forestais. Alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de primaria reciben estes días nocións básicas de como actuar diante dun lume, e o máis importante cómo previr un incendio forestal. Segundo explican as monitoras de Gaia “non hai que esquecer que Galicia é a comunidade autónoma onde máis lumes de producen ao ano e pensamos que é necesario concienciar aos máis pequenos da importancia de conservar a riqueza forestal que posuímos. Actuacións tan sinxelas como non tirar colillas no monte, recoller o lixo que xeramos cando facemos un picnic ou non acender unha fogueira en época de alto risco de lumes… todo iso pode axudar a diminuír os incendios que se producen ano tras ano”.

Exit mobile version