A ACD Xove organiza a terceira gala de patinaxe artística coa que se clausura o actual curso e que terá lugar este domingo 18 de maio ás 17.15 horas no pavillón municipal de deportes de Xove. Serán seis as escolas deportivas participantes, ademais da anfitrioa, tamén estarán presentes: ED Lourenzá, AD Espiral (Sarria), Club Campelas (O Saviñao), Club AEHDE (O Carballiño) e EDM Chantada.