Site icon Crónica3.com A Mariña

Industrial Recense únese a outras 30 empresas para participar en proxectos europeos de parques eólicos mariños

Trinta e dúas empresas galegas, entre as que se encontra a firma de A Pontenova INDUSTRIAL RECENSE, decidiron participar xuntas en concursos internacionais de proxectos de construción e mantemento de parques eólicos mariños. A alianza, bautizada como Galician Offshore Energy Group (GOE) e na que colabora Navantia pola súa experiencia neste segmento da man de xigantes da enerxía coma o grupo vasco Iberdrola, explorará oportunidades nos principais mercados da eólica offshore, coma o Mar del Norte.

Segundo as previsións deste grupo empresarial, na vindeira década invertiránse 140.000 millóns de euros na posta en marcha e mantemento de novos parques eólicos en Europa, que necesitarán máis de corenta buques especializados para a instalación de aeroxeradores e decenas de embarcacións auxiliares, o que podería chegar a xerar entre 9.000 e 10.000 postos de traballo. A Unión Europea estima que nunha década haberá instalados fronte ás súas costas máis de 40.000 megavatios eólicos mariños.

A patronal galega do metal (Asime) é a principal impulsora do GOE, que participará do 11 ó 12 de xuño na Global Offshore Wind 2014 (GOW 2014) que se celebra en Glasgow, Escocia, co obxectivo de darse a coñecer entre os promotores de parques eólicos mariños. Trátase dunha das citas do sector máis importantes a nivel europeo.

O GOE está participado polos estaleiro Metalships & Docks, Cardama y Nodosa e empresas metalúrxicas como Servimar, Neuwalme, Vicalsa, lnstra enxeñeiros, Grupo Aceuve, Tesol, Progener, Dinain, Tune Eureka, Ganomagoga e Industrial Recense, entre outras. Tamén forman parte do colectivo firmas dedicadas exclusivamente á fabricación de torres eólicas terrestres como Gestamp Renewable Industries (GRl), que ten planta no Carballiño.

Exit mobile version