Site icon Crónica3.com A Mariña

Información sobre a UNED Sénior en Foz

A Aula Universitaria de Foz convoca unha reunión para informar sobre un novo proxecto: a UNED Sénior. A aula de Foz pretende ofrecer esta nova experiencia formativa dirixida a maiores de 55 anos, independentemente da formación académica que teñan, o vindeiro curso. O proxecto será explicado na reunión que se celebrará o martes 3 de xuño ás 18.30 horas na UNED-Aula Universitaria de Foz.

Exit mobile version