Site icon Crónica3.com A Mariña

Iniciación ás follas de cálculo na aula CeMIT de Burela do 4 ó 12 de xuño

Burela, 27 de maio de 2014. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, acollerá un novo curso de informática impartido polo Concello de Burela.

Denomínase Iniciación ás Follas de Cálculo 1: Nesta actividade ensinaráselle aos asistentes a dar os seus primeiros pasos coas follas de cálculo empregando o Libreoffice Calc. Este curso está dirixido a persoas con coñecementos básicos de informática, internet e procesador de textos. Esta actividade terá lugar na Aula CeMIT de Burela dende o 4 de ao 12 de xuño en horario de 16:00 a 17:30 horas. O prazo para matricularse remata o día 30 de maio.

Desde a Delegación de Educación de Burela lémbranlle aos usuarios que poderán facer uso libre dos equipos e da internet da aula, en horario de mañá de 12:30 a 14:00 horas e en horario de tarde de 18:30 a 19:15 horas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es.

Exit mobile version