Site icon Crónica3.com A Mariña

Judo no Monte Castelo coa Fundación Imdecum

O IES Monte Castelo de Burela acolleu este xoves 29 de maio o segundo relatorio das III Xornadas Formativas Academia Imdecum 2014 a cargo de Sara Álvarez (judoka Judo Club Lugo), Miguel Blanco (adestrador Judo Club Lugo) e Iván Carballeira (preparador físico Judo Club Lugo).

A primeira parte do encontro constou dunha breve introducción da historia do deporte, evolución ó longo dos anos, práctica deportiva na provincia de Lugo e labor formativa desenvolvida polo Judo Club Lugo na nosa provincia, abordándose tamén aspectos relativos as diferentes etapas formativas polas que transcurrirá o aprendizaxe do neno dende a nenez ata a adolescencia.

Despois desta contextualización pasouse á acción e no tatami todos os participantes puideron experimentar de primeira man a evolución metodolóxica do aprendizaxe das diferentes técnicas así coma unhas nocións básicas de defensa persoal.

O vindeiro mércores 4 de xuño as 17.00 horas no IES Monte Castelo terá lugar a derradeira ponencia das xornadas a cargo de Moncho Fernández (adestrador Obradoiro CAB) que levará por título “Metodoloxía de traballo no Obradoiro CAB”.

Exit mobile version