O grupo de improvisación do Conservatorio de Música de Viveiro e a Coral Polifónica Alborada de Viveiro ofrecerán sendas actuacións musicais o sábado 17 de maio a partir das 12.00 horas na Praza da Fontenova. Trátase da tradicional “Letras con música” que organiza a concellería de Cultura do Concello de Viveiro que conta, este ano, coa colaboración de Librería Porta da Vila.