Un ano máis a Asociación Cultural “O Castelo” de Alfoz organiza o 17 de maio un acto cultural para celebrar as Letras Galegas. O acto terá lugar a partir das 18.00 horas na Fortaleza de Pardo de Cela do Castro de Ouro e acollerá unha conferencia sobre Xosé María Díaz Castro, autor galego homenaxeado este ano a cargo do profesor e escritor local Lionel Rexes. Cara ás 18.45 horas a Coral “Virxe das Dores” de Ferreira do Valadouro ofrecerá un concerto.