Site icon Crónica3.com A Mariña

Loli Piñeiro vence na I Carreira Ruta da Auga de Mondoñedo

carreira da auga 053
O sábado 3 de maio a sección de atletismo das ED Lourenzá Mondoñedo participou dunha forma moi numerosa na I Carreira da Ruta da Auga de Mondoñedo.

Entre os resultados máis destacables atópanse a primeira e segunda posición de Loli Piñeiro e Marisa Ares, en veteranas feminino; mentres que en sénior masculino o segundo posto foi para Manuel Folgueira.

Exit mobile version