Site icon Crónica3.com A Mariña

MariñaPatrimonio e Rocín Roxal organizan un roteiro pola Mariña Central entre o 7 e o 8 de xuño

A Mariña, 29 de maio de 2014.- MariñaPatrimonio e a asociación cultural Roxín Roxal de Paderne (A Coruña), estamos a organizar un roteiro pola Mariña Central para os vindeiros días 7 e 8 de xuño e que vai contar coa seguinte programación:

Sábado 7
Ás 11.00 horas visita guiada en San Martiño de Mondoñedo. Posteriormente subida a A Frouxeira e a continuación visita ao castelo de Castro de Ouro.

Pola tardiña subida ao Chao do Padorno para visitarmos O Dolmen e o Prado das Chantas. O desprazamento farase en coches particulares e cada un levará a súa comida.

O prezo da actividade é de 4€ para non socios/as e 3€ para socios/as.

Domingo 8
Ás 1000 horas visita guiada na catedral, no museo e na vila de Mondoñedo; visita que rematará na Ponte do Pasamento. A continuación terá lugar un xantar de confraternidade na Casa da Penela (15€).

Á tardiña remataremos este roteiro cunha visita guiada á Fortaleza de Tovar. Nesta xornada os desprazamentos tamén se realizarán en coches particulares.

O prezo desta actividade, exceptuando o xantar, custará incluíndo as entradas 8€ para non socias/os e 7€ para socias/os.

Para se apuntar teléfonos 616 815 120 / 654 173 637 ou en mr.patrimonio@gmail.com. A data límite de inscrición é o 5 de xuño.

Exit mobile version