Site icon Crónica3.com A Mariña

Martín Pardiñas, undécimo na 101 Peregrinos do Bierzo cun tempo de 5 horas e 29 minutos

martin pardiñasA sección de atletismo das ED Mondoñedo Lourenzá estivo representada na “101 Peregrinos” o sábado 3 de maio por Martín Pardiñas.

O laurentino logrou entrar na liña de meta en 5 horsa e media despois de percorrer 48 quilómetros entre os 11 primeiros da xeral. Finalmente con 5 horas e 29 minutos remataba undécimo da categoría e chegaba entre os 20 primeiros da xeral.

Nada máis rematar a proba Pardiñas manifestaba as súas impresións a través das redes sociais. “É unha experiencia única, pasei momentos bos, moi bos e malos; pero merece a pena!”. Tamén recordou as persoas que o apoiaron e dos consellos do “maestro Siro”.

Exit mobile version