Trala salutación institucional e a colocación da banda á Madriña de Honra deste ano, a xornalista veciña de Cervo, Flor Robleda, comezaron as xornadas técnicas nas que se trataron temas coma “La Nueva ley y su influencia en la caza gallega” , “El lobo en la costa” ou “Galicia, un paraíso de pesca en potencia”.
Por outro lado, presentouse o libro do escritor homenaxeado deste ano, José Curt, que acaba de publicar “El Moreno del Lérez” que, segundo dixo, non deixará indiferente a ninguén.
Por diante queda toda unha fin de semana de pesca, turismo e gastronomía para os congresistas chegados dende todos os puntos de España e Portugal. O venres xa puideron visitar a fábrica de Cerámica de Sargadelos, a lonxa de Burela ou o Museo do Mar de San Cibrao entre outros atractivos da Mariña lucense.