O restaurante San Miguel, de Ribadeo, ofrece dende este venres un menú degustación para as cenas, que inclúe catro pratos e sobremesa, por 25 euros persoa. As bebidas van aparte para que cada cliente poida elixir con que viño, cervexa, refresco ou auga quere acompañar a cea. As preparacións que elaborará para este menú degustación o cociñeiro José Ramón Rodríguez serán diferentes cada día tendo especial protagonismo os produtos do mar e a terra propios desta tempada e incluirán peixes coma o cabracho ou o atún vermello, carnes como a vaca galega ou o porco celta e verduras como alcachofas ou espárragos verdes. Na sobremesa haberá preparacións coma xeado de amorodos de tempada coa súa macedonia e virutas de chocolate ou tarta de arroz con leite e mazá. Ademais deste menú degustación o restaurante San Miguel continúa ofrecendo a súa ampla evariada carta de peixes, mariscos e carnes tanto para as comidas coma para as ceas. A reserva de mesa pode realizarse no propio establecemento, que está no porto deportivo de Ribadeo, ou chamando ó teléfono 982 129 717.