Site icon Crónica3.com A Mariña

Mesa informativa sobre o tabaco

OLYMPUS DIGITAL CAMERACon motivo da conmemoración do día mundial sen tabaco, que se celebra mañá, 31 de maio, a Concellería de Servizos Sociais e Sanidade, da que depende a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) do Concello de Burela, instalou este venres unha mesa informativa nas inmediacións do centro de saúde, que estivo atendida pola psicóloga clínica Susana Fernández Pernas, quen informou sobre os efectos nocivos do tabaco e as estratexias terapéuticas para o abandono do consumo desta sustancia. Tamén se realizaron a todas aquelas persoas interesadas, medicións do monóxido de carbono (CO) en aire expirado, ademais de facerse entrega de diverso material informativo. Pola mesa informativa pasou Diana Durán, a concelleira de Sanidade.

Exit mobile version