Este domingo terá lugar en Ribadeo un acto electoral de AGE en Europa coa presenza da nosa candidata Lidia Senra. No mesmo participarán tamén Ramón Vázquez, deputado de AGE por Lugo, e Xoan Hermida, coordinador nacional de Espazo Ecosocialista Galego. O mitin terá lugar no salón de actos da Casa Sindical de Ribadeo este domingo 18 ás 21.00 horas.