Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG inaugura en Xove unha mostra itinerante sobre a súa postura crítica co modelo da UE

A Mariña, 8 de maio de 2014. O BNG inaugura mañá ás oito da tarde no salón de actos do Centro Cívico de Xove unha exposición itinerante co título “Europa: problema ou solución? Fagamos memoria para construír o futuro que levará a varios concellos da Mariña que pretende de forma visual expoñer a súa tradicional postura crítica co marco da UE e a necesidade da súa superación por entendela antidemocrática, antisocial e negativa para Galiza ao impedir dun xeito sistemático, coa axuda agravante do Estado español, da capacidade para desenvolver os nosos sectores produtivos e xerar riqueza e emprego para poder vivir na propia terra.

Para o BNG a UE é antidemocrática porque na UE mandan, na práctica, a Comisión Europea e o Banco Central Europeo, organismos á marxe do control democrático dos cidadáns, que actúan ao ditado dos lobbys e das grandes corporacións. Dicimos que é antisocial porque está a impor o programa neoliberal de destrución do público, do que é de todas e todos. Aseguran que esa situación non se resolve coa alternancia política no goberno europeo entre dereita e esquerda xa que ambas correntes ideolóxicas consenten, acreditan e amparan este modelo sen achegar alternativas de fondo.

O BNG está en contra desta UE e cremos que hai que superala. Se algunha forza política foi historicamente crítica e coherente na oposición á estrutura antidemocrática e antisocial que é a UE, esa foi o BNG. Fixémolo no 86 coa entrada na CEE, no 1992 contra Maastricht, no 2004 contra o Tratado Constitucional.

Dende o a fronte nacionalista tamén fan fincapé no feito de que ás políticas impostas póla EU súmanse e agrávanse cós impedimentos e dependencias do Estado español co resultado da destrución da nosa capacidade produtiva, altas taxas de desemprego, emigración xuvenil, caída demográfica, destrución do territorio e do medio natural. Estannos a converter nun país cada día máis dependente no económico, máis empobrecido no social e máis subordinado no político.

Para os nacionalistas nos non somos un país pobre nin que precise da axuda allea; precisamos que nos deixen producir, que nos deixen traballar e vivir do noso. Temos recursos e potencialidades extraordinarias para, a partir delas, poñer en marcha estratexias que impulsen o desenvolvemento económico e garantan o benestar social. A capacidade de decidir sobre o noso, en función dos nosos intereses, é a chave para o desenvolvemento do noso país.

Exit mobile version