Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros organiza a segunda xornada sobre compostaxe doméstica o xoves 22 de maio

Barreiros, 15 de maio de 2014. O Concello barreirense organiza a segunda xornada sobre compostaxe doméstica. Será o vindeiro 22 de maio a partires das 17 horas no local social de Vilamartín Grande-Cabarcos.

Segundo explica o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, “a intención da xornada é reducir a produción de lixo nos fogares de Barreiros. Ademais ensinarémoslles aos interesados como se fabrica e como se utiliza o compost resultante de todo o proceso”. O edil popular subliñou que “os asistentes á xornada deben ser veciños de Barreiros. Os que acudan recibirán gratuitamente un composteiro e tamén poderán participar na viaxe que faremos á plata de Sogama, en Cerceda, o vindeiro 9 de xuño”.

Os interesados en asistir á xornada deben inscribirse chamando ao seguinte número de teléfono: 618 75 25 60.

Exit mobile version