Barreiros, 1 de maio de 2014. O Concello organiza o Roteiro do Cantábrico, que terá lugar o vindeiro sábado, 3 de maio.
Segundo explica o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, “sairemos ás 10 da mañá, da praia de Arealonga, en Reinante. Será desde as inmediacións de A Yenka e percorreremos toda a costa barreirense ata chegar á Anea”.
O edil popular sinala que “o que queremos facer é pasar unha xornada en contacto coa natureza, co noso litoral, camiñando por Barreiros. Animamos a todos os que o desexen a participar neste Roteiro do Cantábrico”. Para inscribirse poden dirixirse ao seguinte teléfono: 618 75 25 60 e para obter máis información poden contactar co Café Bar Moderno no 615 092 115.