Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros viaxa a Sogama o 9 de xuño para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente

Barreiros, 14 de maio de 2014. A Concellería de Medio Ambiente organiza, con motivo da celebración do día mundial do medio ambiente, unha excursión a Cerceda. Os asistentes cursarán visita ao complexo de Sogama e coñecerán tamén o programa de compostaxe doméstica que se está a desenvolver en varios concellos galegos, entre os que se atopa Barreiros.

A visita a Sogama será o 9 de xuño, con saída ás 14:00 horas da praza do Concello. As persoas interesadas en acudir poden inscribirse xa chamando ao seguinte número de teléfono: 618 75 25 60.

Exit mobile version