Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo destaca o retorno inmediato do XXII Congreso Periodipesca e o seu papel de promoción turística

Cervo, 5 de maio de 2014- O Concello fixo un balance moi positivo do XXII Congreso Periodipesca que se desenvolveu do 1 ao 4 de maio nos concellos de Cervo e Burela. Catro días nos que preto de 50 xornalistas especializados en caza, pesca, medio ambiente, turismo rural e de aventura coñeceron ambos municipios.

No caso de Cervo, os congresistas visitaron algúns dos puntos máis atractivos do concello e participaron en numerosas actividades. Entre elas, puideron practicar a pesca no mar e no encoro de Río Covo “y al mismo tiempo descubrir nuestra riqueza natural y paisajística”, explica a edil de Turismo, Begoña Alonso.

Da mesma maneira, o Concello ofreceu unha recepción oficial na Casa do Concello, onde o alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Turismo deron a benvida aos congresistas e puideron ver o vídeo “Mirando ao Cantábrico”, no que se exhiben moitos dos lugares emblemáticos do municipio.

Os participantes, chegados de diferentes puntos de Galicia e de toda España, tamén descubriron o patrimonio histórico e cultural do municipio, con visitas á fábrica de Cerámica de Sargadelos, ao Conxunto Histórico Artístico ou ao Museo do Mar. Ademais, aproveitaron para coñecer de preto aos artesáns locais. No taller de Estéfano Gudín observaron o proceso de elaboración de pezas de gres e na carpintería de ribeira de Francisco Fra achegáronse á tradición da construción de embarcacións.

Tamén visitaron as vilas de Cervo e San Ciprián e participaron activamente na vida cotiá do concello, acudindo a inauguración da exposición “Alma da artesanía” entre outras actividades.

Ao longo deses 4 días, os congresistas tiveron a oportunidade de degustar a gastronomía da zona, comendo e ceando nos bares e restaurantes do municipio. Neste sentido, Alonso destaca que “los beneficios más inmediatos sobre la economía local ya se notaron”.

Pero, da mesma forma, a edil de Turismo considera que este congreso tamén pode ter un retorno a longo prazo. “Durante estos días les pedimos a los congresistas, y nos consta que lo harán, que divulguen nuestro concello a través de los medios de comunicación en los que trabajan pero también en su día a día, esperando que este congreso haya sido sólo un primer punto de encuentro de muchas y sucesivas visitas”. Alonso remata asegurando que “me consta que marcharon de la Mariña muy satisfechos y agradecidos por la acogida”.

Exit mobile version