Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo lembra que “o PSOE aínda non explicou por que pagou 200.000 euros para impedir que se investisen 6,4 millóns no saneamento de San Cibrao”

Cervo, 16 de maio de 2014- A edil de Medio Ambiente e Turismo, Begoña Alonso, asegura que “llevamos años esperando a que el PSOE explique por que el bipartito canceló la construcción del saneamiento de San Ciprián”.

Alonso lembra que no 2005 a Xunta do PP tiña contratada a obra para dotar a San Ciprián dunha rede de saneamento por importe de 6,4 millóns de euros, pero cando chegou o bipartito rompeu o contrato, impedindo a obra. Polo tanto, a Xunta PSOE-BNG “prefirió pagar 200.000 euros de indemnización a la empresa para que no se construyese el saneamiento”.

Esta decisión do bipartito tivo graves consecuencias para o saneamento de San Cibrao. A edil destaca que a cancelación retrasou o proxecto no tempo. Pero ademais, a obra contratada pola Xunta do PP era moi ambiciosa, xa que neses 6,4 millóns de euros incluíase a depuradora, o emisario submarino, a rede de saneamento e 20 anos de mantemento. “Durante 20 años no iba a salir un euro de las arcas municipales para el mantenimiento” pero ao romperse o contrato, “será el Concello el que asuma estos gastos”, engade Alonso. E é que, anos despois de cancelar a obra, o bipartito contratou un proxecto incompleto, con menos prestacións, e coa metade de orzamento.

Por todo isto, a edil de Turismo volve esixirlle aos socialistas de Cervo “que nos expliquen por que el bipartito PSOE-BNG prefirió pagar 200.000 euros a una empresa para que no se ejecutara un proyecto muy beneficioso para los vecinos y que ya estaba contratado”. Alonso destaca que el PSOE de Cervo es “cómplice y por tanto, responsable, de los retrasos en el saneamiento y también de que el proyecto sea menos completo”.

Exit mobile version