Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz remata a segunda fase da mellora da estrada principal de Cordido con aglomerado en quente

300514 FOTO ESTRADA DE CORDIDO MELLORADA POLO CONCELLOFoz, 30 de maio de 2014. O concelleiro delegado de Medio Rural, Mar e Obras do Concello de Foz, Pedro Fernández Manín, revisou a segunda fase da obra de mellora da estrada principal da parroquia de Cordido.

O edil anunciou este venres que “a administración local acondicionou con cargo aos seus presupostos un segundo tramo de preto de 2.400 metros cadrados da principal arteria de Cordido. Os máis de 200 veciños desta parroquia beneficiaranse de xeito directo desta actuación promovida polo actual goberno local que contribuirá a mellorar a seguridade e calidade viaria no interior deste burgo rural de Foz”.

Pedro Fernández Manín lembrou que “o anterior goberno municipal socialista mantivo no total esquecemento á parroquia de Cordido e non levou a cabo esta actuación, pese a que daquela o PSOE xestionaba un Concello en tempos de bonanza económica e de grandes plans de obras públicas.”

O concelleiro focense do Medio Rural tamén explicou que a mellora e acondicionamento da estrada principal de Cordido terá un custe para o Concello de 18.000 euros.

Ademais Fernández Manín critica á Deputación de Lugo “por non facer o mesmo coas vías de propiedade provincial que cruzan a parroquia de Cordido, a LU-2007 e a LU-6003, que están totalmente intransitables”.

Exit mobile version