Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo segue achegando a administración ó cidadán co servizo de realización da declaración da renda

Ribadeo, 5 de maio de 2014. A partires de mañá poderase solicitar cita previa no Concello de Ribadeo para a realización da declaración da renda, dun xeito totalmente gratuíto. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “o queremos é manter ese achegamento da administración ao cidadán, que iniciamos hai tempo”.

O rexedor dixo que “como todos estes últimos anos desde o Concello de Ribadeo e desde o goberno municipal queremos seguir achegando a administración ao cidadán. Eu penso que iso é o que valora a xente. E no que ten que ver coa declaración da renda queremos que outro ano máis a xente, os veciños e as veciñas que así o desexen poidan pedir unha cita previa para que cando veña un técnico da Axencia Tributaria aquí a Ribadeo os poida atender con garantía, con calidade e de xeito totalmente gratuíto”.

Suárez Barcia sinalou que “a partires de mañá, martes, os que queiran poderán solicitar nas oficinas municipais a súa cita previa cun número limitado de citas, que é o número que nos ofrecen desde a Axencia Tributaria. A xente que queira contar con esta posibilidade que pida as súas citas mañá mellor que pasado e pasado mellor que dentro de dous días”. E lembrou que “os que veñan non poderán máis que a súa cita, porque senón en dúas horas teríamos todas as citas dadas e queremos que isto chegue a maior número de persoas posible”.

Exit mobile version