Site icon Crónica3.com A Mariña

O equipo de goberno de Burela leva a Pleno unha moción sobre os partidos xudiciais e outra reclamando apoio da Deputación para as confrarías de pescadores

Burela, 28 de maio de 2014. O equipo de goberno leva ao pleno ordinario deste xoves dúas mocións: unha sobre a continuidade dos partidos xudiciais de Mondoñedo e Viveiro e outra na que demanda máis axudas económicas da Deputación de Lugo ás confrarías de pescadores da provincia.

Segundo explica o voceiro do equipo de goberno, Manuel Fernández Valle, “ao pleno de mañá levamos dúas mocións, unha delas vinculada coa continuidade dos partidos xudiciais. Nós entendemos que deben continuar existindo nos mesmos termos que na actualidade e polo tanto pedimos a continuidade dos partidos xudiciais de Viveiro e de Mondoñedo”. O concelleiro popular dixo que “o que lles propoñemos á Corporación Municipal é que adopte un acordo exactamente igual que o adoptado por unanimidade no Parlamento de Galicia e no pleno da Deputación Provincial de Lugo”.

Fernández Valle indicou que “coa segunda moción queremos pedirlle á Deputación de Lugo que incremente as achegas económicas ás confrarías de pescadores. As que se están a facer na actualidade son exactamente as mesas que se estaba a realizar na época do goberno do PP e non houbo incrementos ao respecto”. Para o portavoz do equipo de goberno “resulta sorprendente que Deputacións coma Pontevedra ou A Coruña, que teñen máis confrarías de pescadores que a provincia de Lugo, dean axudas de máis contía que as que da a institución luguesa, incluso a Deputación pontevedresa cede en uso vehículos aos pósitos desa provincia para que poidan realizar as súas labores e en Lugo isto non ocorre. O que pedimos na nosa moción é que a Corporación Municipal se pronuncie a este respecto porque consideramos que o compromiso do bipartito provincial co mundo da pesca, se non é igual a cero é bastante baixo e moito falan cando veñen por aquí, pero á hora da verdade o compromiso queda reducido a iso, a palabras”.

Exit mobile version