Site icon Crónica3.com A Mariña

O Festival Osa do Mar confirma 10 novos grupos para o 12 e 13 de setembro

Das Kapital, Cro!, Rockatansky Brothers, Pálida, Remakers, Glove, Elementary, Músculo!, Unicornibot, Orquesta Metamovida únense ó Festival Osa do Mar que Fanto Fantini organiza en Burela para o 12 e o 13 de setembro.

Así son xa 24 os grupos que conforman o cartel despois dos xa confirmados: Los Septiembre, Skohlma, Grampoder, Acidmess, Guerrera, Killimanjaro, Glochenwise, Ataque Escampe, Moondogs Blues Party, Batuko Tabanka, Sunday Morning club, Santa Rita, Triángulo de Amor Bizarro e The Brosas.

Esta primeira edición pretende promociónar turística e economicamente a zona a través dunha fin de semana de desta completa con boa música alternativa, “underground”, galega, como fío conductor máis ofrecendo outras actividades deportivas e culturais de interese. Haberá acampada gratuíta co abono para os dous días, aparcamento, zona de comida e tendas, zona de exposición (patrocinadores, colaboradores e asociacións, artistas novos, intercambios culturais), concursos divertidos (fotos en lugares emblemáticos ou mellores vestimentas), transporte frecuente de ida e volta a Burela, proba do campionato galego de surf, ruta BTT con final no recinto dos concertos, zona de actividades de aventura, talleres de música e instrumentos para nenos e tamén concertos previos á fin de semana do Festival Osa do Mar.

Venda de entradas
As entradas para Osa do Mar xa están á venda dende a web enlazando coa páxina de ticketmaster e nas oficinas de NovaGalicia Banco. Os prezos anticipados son de 6 euros para un día e 10 euros o abono para a fin de semana, máis gastos de xestión.

A vindeira semana tamén se habilitarán diferentes puntos de venda en vilas e cidades.

Por outra banda, continúan na procura de patrocinadores e colaboradores. Nesa liña, manteñen o contacto e negociación cun bo número de empresas intentando que se impliquen no proxecto na medida das súas posibilidades; xa que “estamos abertos a todo tipo de colaboracións e ideas”.

Exit mobile version