Site icon Crónica3.com A Mariña

O GPP asegura que “a rectificación do plan de comunidades veciñais confirma as nosas críticas sobre o uso partidista e sectario destas axudas”

Lugo 29 de maio de 2014.- A rectificación que vén de anunciar o presidente provincial José Ramón Gómez Besteiro sobre o Plan de Comunidades Veciñais confirma as criticas postas de manifesto en reiteradas ocasións polo Grupo Provincial do Partido Popular, ao denunciar o uso partidista e sectario destas axudas.

Os populares anuncian que estarán vixiantes para que o novo programa que substítúe ao coñecido como Plan de Comunidades Veciñais se rexa polos principios de transparencia, obxectividade, libre concorrencia e publicidade; e se dirixida a cumprir a finalidade para a que foi creado.

Dende o GPP lembran que detrás do Plan de Comunidades Veciñais se atopaban dous millóns de euros utilizados ao servizo dos intereses políticos do PSOE. O exercizo de control rigoroso das subvencións concedidas ao abeiro deste plan permitiulle ao Grupo Provincial do PP darse conta de que un amplo número de subvencións beneficiaban soamente a membros de listas do PSOE e que estas persoas vinculadas políticamente actuaban como conseguidores das axudas.

Deste xeito, a concesión de axudas para obras, cuxa necesidade era cuestionada incluso polos veciños da zona, provocou a desestimación de subvencións cun cariz prioritario e que se convertirían en verdadeiros exemplos de compromiso co medio rural e urbano.

Así, unha vez substituído este plan por un novo programa, os populares controlarán que as actuacións partidistas e sectarias non se continúen a dar e que o novo programa cumpra un verdadeiro obxectivo de compromiso cos gandeiros e agricultores.

Exit mobile version