Site icon Crónica3.com A Mariña

O GPP interésase polo plan de traballo para elaborar os orzamentos participativos da Deputación

Lugo 29 de maio de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Lugo vén de rexistrar unha pregunta dirixida ao presidente José Ramón Gómez Besteiro, para a súa resposta na próxima sesión plenaria na que se interesan polo plan de traballo a seguir pola Deputación para elaborar os orzamentos participativos.

Os populares explican que a través desta pregunta queren coñecer con datas e documentación concreta as actuacións que ben realizou ou ben prevé realizar o socialista para impulsar na Deputación a elaboración duns orzamentos participativos.

Dende o GPP lembran que Besteiro xa anunciara en febreiro do 2013, que este mecanismo para a mellora da calidade democrática e a transparencia na xestión provincial se aplicaría nos orzamentos do 2014. Ademais de incumprir esta previsión, a día de hoxe e dende o último anuncio xa neste ano 2014 de reunións por toda a comarca, -que descoñecemos que se levasen a cabo-; ao Grupo Provincial do Partido Popular non lle constan avances neste novo instrumento, que “agora vende para o ano 2015”.

Os populares explican que “estamos moi habituados a que Besteiro coide o titular e despois non cumpra co vendido, polo que queremos coñecer a verdade e saber cales son os pasos dados pola Deputación ata o dagora”. Dende o GPP tachan de “pouco traballador” a Besteiro, sobre o que din que no último tempo “non se ve o seu traballo á fronte do ente provincial”.

Os orzamentos participativos son unha ferramenta de democracia que permite aos lucenses incidir na toma de decisións dos orzamentos da Deputación. “Se recordamos as denuncias que efectuamos sobre o comportamento partidista promovido dende a administración provincial, consideramos de interese que este instrumento dos orzamentos participativos saia cara adiante”, conclúen os populares.

Exit mobile version