Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo vocal SondeNós ofrece dous concertos do programa “No camiño da lingua”

O Grupo Vocal SondeNós, dirixido por Plácido Travieso (do Conservatorio de Música de Viveiro) ofrecerá o vindeiro sábado 10 de maio, por partida dobre, unha nova edición do concerto No camiño da lingua. A primeira cita será en Santiago de Compostela, na igrexa de San Domingos de Bonaval, sede do Panteón de Galegos Ilustres, ás 12.30 horas; a segunda en Padrón, na Casa-Museo de Rosalía de Castro, ás 19.30 horas.

Nesta ocasión SondeNós contará coa colaboración do escritor Séchu Sende (Premio Blanco Amor, 2003) e da profesora Teresa López. Textos de poetas do Rexurdimento como Rosalía de Castro ou Curros Enríquez, de poetas da vangarda como Manuel Antonio ou o mesmo Séchu Sende, convivirán en harmonía con composicións de L. E. Batallán, Julio Domínguez e Plácido Travieso.

No camiño da lingua está enmarcado no Proxecto de intervención educativa Modelo Burela, que este ano celebra o seu Xº aniversario.

Exit mobile version