
Un grupo de 36 alumn@s de 4º de ESO e PDC do IES Perdouro realizaron este luns tarefas de limpeza da ribeira na zona do Perdouro. A actividade foi organizada para celebrar o Día Mundial dos Océanos, que neste 2014 ten o eslogan de “Nuestros océanos. Por un futuro verde”. Os rapaces estiveron acompañados polas monitoras do Centro de Educación Ambiental Gaia, do Concello de Burela, e por dúas profesoras do centro educativo. A xornada resultou fructífera “xa que retiraron unha cantidade significativa de residuos do litoral coma botellas, botas de auga, restos de roupa, 16 rodas, redes, etc”.