Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés prepara a campaña das eleccións europeas

Burela, a 3 de maio de 2014.- O Partido Popular de Burela concretará todo o traballo a realizar na campaña electoral das eleccións europeas do vindeiro 25 de maio nunha xuntanza de afiliados e simpatizantes que se celebrará este luns día cinco, ás oito e media da tarde na antiga biblioteca municipal de Burela.

A Agrupación Local do PP burelés vén de convocar á súa militancia para explicar os distintos actos electorais que a dirección local tén previsto realizar na vila, segundo explicou o portavoz local, José Luis Lois Losada. Lois Losada indicou que “a campaña terá dous ámbitos de actuación, un a través de actos con presencia de cargos institucionáis e orgánicos, e outro tipo de actos de máis proximidade á cidadanía, que se realizarán polos barrios da localidade”.

José Luis Lois manifestou que “a campaña da agrupación local terá a mesma intensidade ca calquera outra campaña, porque sempre fixemos o mesmo traballo, que consiste en estar próximos ós veciños e explicar as cousas que facemos, como vimos de facer hai mes e medio nas reunións polos barrios”.
O portavoz da Agrupación Local do PP burelés afirmou que “o partido tén a día de hoxe un esquema de traballo que moviliza prácticamente a toda a afiliación, tanto de cara ó traballo interno como externo, e tamén de cara á xornada electoral”.

Lois Losada asegurou que “esto demostra a forza do partido en Burela, forza que ningún outro pode igualar, o que nos tén levado a ser os ganadores de todos os procesos electorais desde 1991”.

Exit mobile version