O PP de Burela, segundo o portavoz da Agrupación Local, José Luis Lois Losada, “explicará o seu traballo e o programa electoral do partido prácticamente como o fixo sempre, barrio a barrio, porta a porta”
O portavoz da Agrupación Local manifestou que “o partido tén fixados xa seis actos electorais, cinco deles seguindo o formato de reunións por barrios, como facemos habitualmente, e un sexto de carácter máis masivo”. O portavoz popular tamén indicou que “tamén se fará entrega de material informativo noutros lugares e momentos, como por exemplo no mercado semanal dos venres”.
Lois Losada afirmou que “os lugares, datas e horarios dos actos están tamén pechados, e faranse públicos cando o comité provincial de campaña os refrende, xa que podería xurdir algún cambio por cuestión de axenda das persoas coas que contamos para estes actos”.
A Agrupación Local do PP burelés tamén constituiu un comité de campaña, formado por tres persoas, que será o encargado de coordinar todo o traballo a realizar de cara ás eleccións europeas.
Durante o transcurso da xuntanza tamén se abordaron outros asuntos que afectan á vida política municipal.